25 Junho 2007

Cambio de enderezo

Cambio de look e cambiamos de enderezo:

23 Junho 2007

Cargos, funcións e soldos

Polo que se desprende hoxe na prensa o 1º Teniente de Alcalde será Espiño e o 2º Obelleiro Sanmartín, e a continuación o resto da lista do PSOE ata un total de sete. Desde o punto de vista da paridade de xéneros bótase en falta unha muller nesas tenencias de alcaldía, sobre todo nos primeiros postos.

Outra cousa son as delegacións: Espiño asumirá Medio Rural, Facenda e Medio Ambiente; Obelleiro Sanmartín levará Cultura, Deporte, Educación e Xuventude; Monserrat Maceiras levará Industria, Comercio e Turismo; e Irene Aguiar Lale levará un oso duro de roer, Urbanismo. Polo que se ve estes son os catro pés nos que se asenta o goberno do PSOE na Estrada.

De soldos e frases enigmáticas
Outra cousa que se aprobará o luns é o soldo de Dono, que segundo parece quere cobrar 74.000 euros anuais. A cousa parece que se complica por momentos, xa que en La Voz de Galicia o BNG non estaría moi pola labor de votar a favor dese soldo, e de momento todo está no aire. “Si se conociera hoy, y fuera negativo, PP y Cidadáns, y una mujer, tendrán 40 horas para pensar”. A que muller se refire La Voz de Galicia?

22 Junho 2007

Novo blog en Bloguestrada

Hai un novo blog, que tamén nos fan chegar as súas opinións sobre o noso Concello, chámase Esto con Chito non pasaba.

Un blog máis que se suma ao que xa chamamos no seu día "Bloguestrada" (blogs que falan das cousas que pasan na Estrada), no que atopamos a aestragada.com, O Mundo desde un Chimpín, O Terceiro Ollo, Pablokani e Un Queique de Que. Se hai algún máis que non apareza na lista facédenolo saber.

Un pouco de relax

Chegan as festas. Nos prómimos 15 días no noso Concello celebraranse festas de certa importancia: o San Paio, xa esta fin de semana, e a Rapa das Bestas, do mes de xullo.

Para o San Paio (do 23 ao 27 de xuño) tiran a casta pola fiestra: Rosa de España, Coti, El Arrebato e Los Suaves, é a carteleira deste ano, -XXXXXXXXXXX- (Rectificar é de sabios, non?).

No tocante á Rapa das Bestas (do 6 ao 9 de xullo), as celebracións son distintas e as “estrelas convidadas” son máis asequibles pero para moitos máis espectaculares caos anteriores. Deixamos a continuación o cartel da Rapa que nos parece im-presionante.

Como vexo que hai moita suspicacia sobre quen paga ou que non deixa de pagar elimino esa controvertida frase. De todos os xeitos, dicir, que é un cartel moi bo, para a moita xente que lle gusta ese tipo de actuacións, e estes artista de balde non veñen ao noso Concello.

21 Junho 2007

Así ve a prensa a rolda de prensa do BNG

La Voz de Galicia: El BNG concede cien días de cortesía al PSOE para que gobierne solo
Dirigentes comarcales del BNG, como Manuel Rendo o Alberte Maceira, acompañaron ayer a los tres integrantes del grupo municipal del Bloque estradense resultante de las últimas elecciones en una rueda de prensa en la que los nacionalistas acusaron el PSOE estradense de no saber ni querer negociar un posible pacto de gobierno.
Faro de Vigo: El BNG ve "irrenunciables" para pactar la primera tenencia de alcaldía y 4 concejalías
Manuel Anxo Rendo participó en su día en la negociación que dio la Alcaldía al socialista Suso Tallón. Destaca que entonces el PSOE dio la primera tenencia de alcaldía a Campos. Ahora detecta "pouca capacidade de diálogo do PSOE". En relación con las declaraciones del alcalde José Antonio Dono diciendo que si los demás grupos no apoyaban la aprobación del Plan Xeral sería culpa de ellos y no de los socialistas, Rendo dice que a Dono y al PSOE le corresponde "negociar con tódolos grupos da oposición e sacar o PXOM adiante". Cree que si no ocurre así "A Estrada ó mellor perde un bo médico e gaña un mal alcalde".
El Correo Gallego: El Bloque estradense culpa al PSOE de no ceder por la primera tenencia
...la comisión negociadora del PSOE presentó el martes "sorprendentemente" la misma propuesta que la semana anterior: la segunda y cuarta tenencia de alcaldía; 2 de los 8 miembros en la comisión de gobierno; y la presidencia de 3 comisiones que se corresponderían con las delegaciones para el BNG (Servizos Sociais, Sanidade e Igualdade; Industria, Turismo e Comercio y Facenda e Contas o bien Feiras, Festas e Mercados).
Web BNG da Estrada: O PSOE da Estrada non quere un co-goberno
O BNG non quere máis do que lle corresponde, pero tampouco menos do asinado polas dúas forzas políticas a nivel galego
Polo seu interese na seguinte ligazón atoparedes un cadro que figura na páxina do BNG na que se poden ver gráficamente cales son as peticións do BNG e a oferta do PSOE, o que permitirá comparalo un co outro e tamén o Acordo Marco.

20 Junho 2007

O PSOE terá que gobernar en minoría

A cuarta non foi a vencida. A reunión mantida ontre entre o PSOE e o BNG saldouse con outro desencontro entre as dúas formacións políticas. O PSOE puxo sobre a mesa practicamente a mesma oferta que lle presentou ao BNG a semana pasada: dúas tenencias de alcaldía (excepto a primeira) e un máximo de tres delegacións de goberno. ¿Se xa sabían das preferencias do BNG para que unha nova reunión na que presentan a mesma oferta?

19 Junho 2007

Entrevista a Dono en Radio Estrada

En Radio Estrada entrevistaron a Dono, que poderedes escoitar máis abaixo. Falaron de todo un pouco: urbanismo (agora parece ser que se vai aprobar nun ano), do pacto co BNG (que terá que aprobarse entre hoxe e mañá), sobre o pouco orzamento que queda por executar, etc.

powered by ODEO

Voltan as negociacións

Ou iso é o que se desprende das noticias que aparecen hoxe na prensa. Desde logo é curioso, o xoves todo parecía que as negociacións tardarían semanas ou meses en retormarse, que foi o que cambiou entón?: foi a abstención do BNG que deixou en evidencia a un PSOE en minoría, foi a necesidade de ter unha lexislatura relativamente tranquila e evitar ter que pactar nun momento dado co PP ou con Cidadáns para alcanzar un acordo... non sabemos. A ver agora se agora hai acordo finalmente.

18 Junho 2007

Retransmisión do Pleno de investidura

Para quen non estivera no pleno do sábado e para quen non puido oir esta mañá Radio Estrada, aquí vos deixamos a gravación do Pleno de toma de posesión e investidura do novo Alcalde.


powered by ODEO